📍 PIONEIROS 📍 con Dios Ke Te Crew


Episode Artwork
1.0x
0% played 00:00 00:00
Dec 20 2023 56 mins   2

Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego.

Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, puxemos calma para afondar no tema do programa: 📍 PIONEIROS 📍. Repasamos os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas.

·

Podes atoparnos en ⁠⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠⁠, en ⁠Tik Tok⁠ e en ⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠ ✌️

·

Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚