🏠O FOGAR🏠 con Brais Lamela


Episode Artwork
1.0x
0% played 00:00 00:00
Jan 04 2024 61 mins   2

No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠.

Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 e de futuro prometedor: Brais Lamela, autor de Ninguén queda e gañador do Premio Nacional da Crítica. Xunto a este vilalbés afincado en New York falamos da importancia da cociña dentro do fogar, das dinámicas que se forman na cociña, dos tipos de cociña e de como fan fogar, do retorno ao fogar familiar, da perda de liberdade, do retorno efímero á adolescencia e a calefacción dos apartamentos ao norte de Manhattan, entre outros temas.

·

Podes atoparnos en ⁠⁠⁠Vinte na Praza⁠⁠⁠, no noso perfil de Twitter ⁠⁠⁠@cafederby21⁠⁠⁠ e en ⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠ ✌️

·

Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚