Efer 684 (10-10-24): Nove anos de ondas gravitacionais, con Alicia Sintes


Episode Artwork
1.0x
0% played 00:00 00:00
Nov 10 2024 61 mins   3
(2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO.
(16:03) O proxecto de ciencia cidadá "Cycling with clean air" monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade do aire. Unha medición en distintas cidades galegas amosa que no entorno dos colexios a concentración de partículas PM2,5 dispárase logo do día sen coches. Conversamos con Faustino Gómez, presidente de Composcleta, asociación que forma parte da Coordinadora Española en Defensa de la Bicicleta, ConBici.
(26:35) José Alberto Rubiño dirixe o proxecto QUIJOTE do Instituto de Astrofísica de Canarias, que estuda a luz máis antiga do universo. Neste proxecto caracterizan a polarización do fondo cósmico de microondas que emite a nosa galaxia na pescuda de evidencias da inflación cósmica.
(32:59) As células senescentes están asociadas ás doenzas que se producen no proceso de envellecemento. Asistimos ao I Congreso Internacional da Sociedade Española de Senescencia Celular (SENESCEL), que se celebrou en Santiago de Compostela. Conversamos con Myriam Gorospe (Instituto Nacional de Envellecemento de Baltimore), Sofía Ferreira (Universidade de Edimburgo), Daniel Muñoz Espín (Universidade de Cambridge) e Carlos Anerillas (Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa) sobre as súas respectivas investigacións sobre células senescentes na doenza de alzhéimer, na sarcopenia, na pel, no fígado, no cancro de pulmón ou no medio intercelular.