Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos


Episode Artwork
1.0x
0% played 00:00 00:00
Feb 01 2025 55 mins   3
Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa.
(1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenkov. O enxeñeiro Alejandro Cardesín é membro da Sociedade Europlanetaria e procura agrupar, xunto coa astrofísica Ana Ulla, a todos os galegos que traballan en ciencias espaciais.
(29:12) Vén de nacer a Asociación Galega de Astrofotografía Polaris. Conversamos con Alejandro Rodríguez, Manuel Brioso e Leticia Pereira.
(44.16) Dosi Veiga é o organizador dos Astrogalicia, pero o culpa de que rematese en Arzúa é de Miguel Sánchez. Acompáñanos tamén Martin Pawley.