Desconcerto na Estación de tres da Coruña entre os pasaxeiros da media distancia...este martes foi o primeiro día de peche total polo avance das obras da nova Intermodal.
-A Valedora do Pobo insta á Xunta a revisar o servizo de autobús entre Sada e A Coruña. Acolle así a queixa da plataforma de afectados, e advirte do incremento no tempo de desprazamento tralas modificacións no servizo.
-Ponteceso terá unha das primeiras zonas de inundación controlada de Galicia. A medida está destinada a protexer as zonas habitadas ante posibles rebordamentos dos ríos no caso de chuvias extremas.
- A Galiña Azul do Burgo leva meses con problemas nos sistemas de calefacción e con múltiples goteiras. O concello de Culleredo e a Xunta responsabilízanse mutuamente da situación