O peche do consello de ministros de pesca deixa un sabor agridoce nas flotas galegas... ó final, mirando o global, os resultados non foron tan malos coma agardaban. A importante caída das cotas de pescada do gran sol segue aí, pero manteñense as nacionais, e hai satisfación coas cifras de peixe sapo, rapante, e langostino, e coa reapertura do cantábrico pras capturas de xurelo... Unha boa nova pro cerco, que leva anos de escaseza.