Informativo Galicia 19:50 - 11/12/24


Episode Artwork
1.0x
0% played 00:00 00:00
Dec 11 2024 9 mins  

Punto e final ás comparecencias na comisión creada para investigar o sobrecusto na construcción do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e as contratacións da Xunta durante a pandemia. Sobre a palestra esta tarde, dous ex-altos cargos durante o goberno do bipartito sen competencias en contratación sanitaria ou na construcción do Álvaro Cunqueiro. A sesión remataba coa petición dos nacionalistas para pedir máis comparecencias e documentación. Petición que foi rexeitada. De seguida escoitamos tóda-las voces...

Como tamén escoitaremos as do sector pesqueiro logo do peche do consello de ministros do ramo da Unión Europea. A flota galega amósase conforme coas posibilidades de captura pros caladoiros atlántico e cantábrico; compensa en certo modo a sacudida que se levaron pola rebaixa dos TACs de pescada no Gran Sol.