Crónica de Galicia - 02/02/25


Episode Artwork
1.0x
0% played 00:00 00:00
Feb 02 2025 30 mins   1

"Traballar menos para vivir máis", é unha das reivindicacións que berraron esta mañá os sindicatos que saíron as rúas da Coruña, Vigo e Ourense. Nunhas mobilizacións nas que amosaron o seu descontento co papel do PP respecto o decreto ómnibus. Votaron NON nun inicio, agora dirán que si... As centrais piden que deixen o oportunismo a un carón e miren dunha vez polos intereses sociais.

Mentres, seguen a chegar as reaccións ao informe positivo de Augas de Galicia respecto á celulosa de Altri. Os mariscadores da ría de Arousa cren que a conclusión do estudo é inverosimil. A afectación no río, din, é innegable.

E os populares piden máis compromiso do goberno central co Xacobeo 2027, pra facilitar así a participación das empresas.

No tempo da entrevista, falamos co novo presidente da Asociación Española de Investigación contra o cancro, Rafael López, co gallo do Día Mundial contra esta Enfermidade que se conmemora o próximo martes.