Mar 08 2025 30 mins 1
Galicia conmemora esta data botándose á rúa malia chuvia. Son moitos os colectivos que convocan actos, pero se hai un denominador común é o de que nada está conquistado e que falta moito camiño por percorrer para que a fenda de xénero, en tódolos ámbitos, desapareza. Moitas mulleres que hoxe participan nestes actos aseguran que aprecian certo involucionismo no recoñecemento dos dereitos das mulleres. Escoitarémolas.
O outro foco da actualiadade desta fin de semana pasa polo Congreso que celebra o PSdeG, actualmente terceira forza política no noso Parlamento. José Ramón Gómez Besteiro xa foi nomeado para outros catro anos coma secretario xeral. Agora falta por coñecer se hai renovación na súa executiva